Friday 03 de May de 2024

Boiro ampliará a Praza Parroquial do lugar de Ameán, en Cures, con fondos provinciais


O novo firme será de formigón pero terá zonas verdes con céspede

A Deputación da Coruña colaborará cunha achega de 191.028,66 euros á reforma da praza pública do lugar de Ameán, Cures, en Boiro.

A través desde convenio coa institución provincial, o Concello de Boiro poderá levar a cabo este proxecto que non só contempla unha ampliación desta área para dar cabida ás festas parroquiais, senón dotar dun espazo público de reunión aos veciños e veciñas do entorno. Pretendese ademais, que sirva de zona de estacionamento temporal para as celebracións relixiosas.

A nova xeometría da praza busca ampliar o trazado do viario que discorre por diante do muro do atrio da igrexa. A praza terá o firme de formigón e zonas verdes con céspede e especies arbóreas autóctonas. A Deputación asume o 90% do orzamento do proxecto, que é de 238.785,82 euros.